brisca
brisca
(
-
s
f
[XOGO]
Xogo de cartas no que ao principio se reparten tres cartas para cada xogador descubríndose outra que indica cál é o trunfo do xogo; as demais quedan enriba da mesa e vanse collendo unha a unha por cada baza xogada ata que se rematen. O gañador do xogo será aquel que máis puntos consiga; calquera carta do trunfo ten un valor superior aos outros paos.
Ex: Moita xente ten o costume de xogar unha brisca despois de xantar.
-
s
f
[XOGO]
Cada ás ou tres dos paos que non son trunfos tanto neste xogo coma noutros.
Ex: Os trunfos do xogo eran os ouros, pero el botoulle unha brisca de copas.
Frases feitas
-
Ser algunha persoa unha boa brisca. Ser unha persoa da que hai que gardarse.