Brisgovia

Brisgovia

Rexión de Suabia que ocupa parte do land de Baden-Württemberg, Alemaña. Esténdese á beira dereita do Rin e comprende os contrafortes meridionais da Selva Negra. Distínguense dúas áreas: a chaira do Rin, de economía agrícola, e a montaña. A capital é Friburgo de Brisgovia. Entre finais do s XIV e 1805 a maior parte da rexión estivo baixo o goberno austríaco.