brisura
brisura
-
s
f
[HERÁLD]
Peza coa que se cargan os escudos das liñas non primoxénitas dunha familia e que permite distinguir as distintas ramas dunha mesma liñaxe: lambel, merleta, estrela, anel, etc. O uso de brisuras, pola súa complicación, queda case relegado a algúns casos reais: o fillo primoxénito e o seu pai levan as mesmas armas; o segundo, un escudo cun lambel de tres pendentes; o terceiro, un bordo; o cuarto, unha orla; o quinto, un bastón; e o sexto, unha cotiza.
-
brisura infamante
[HERÁLD]
Brisura que se emprega para marcar algunhas armas en sentido difamatorio: dado, escusón invertido, etc.