Briteiros

Briteiros

Castro portugués rodeado por tres recintos murados que abranguen máis de 150 cabanas de pedra circulares, elípticas e rectangulares que teñen un pequeno vestíbulo de entrada e unha pequena corte agregada. A ocupación deste castro comezou nunha época prerromana (s III a C) e durou ata o s III ou inicios do s IV d C. Neste asentamento descubriuse a primeira Pedra Formosa coñecida na área castrexa, vinculada con monumentos que cumprían finalidades cultuais relacionadas cos baños.