British Aerospace
British Aerospace
Nome científico:
[BA]
Compañía aeronáutica británica, formada no 1977 pola fusión da British Aircraft Corporation, a Hawker Siddeley Aviation, a Hawker Siddeley Dynamics e a Scottish Aviation; dende o 1981 traballa no sector privado. Fabrica avións civís e participa en programas de colaboración internacional, como o Airbus e na construción de avións militares, sistemas defensivos (mísiles), satélites e compoñentes aeroespaciais.