1 brizo

1 brizo

(

  1. s m [PLANTA]

    Herba perenne de talos deitados de ata 100 cm de lonxitude. As follas, pinnadas e de ata 6 cm de lonxitude, presentan de 3 a 6 pares de foliolos e dispóñense de forma oposta ás umbelas que están formadas por pequenas flores brancas de 1 mm de diámetro. O froito é ovoide, pode acadar ata 3 mm de lonxitude e ten 5 costelas. É común en regatos e lameiros de toda Galicia.

  2. s m [PLANTA]

    agrón.

Palabras veciñas

briza | brizado -da | Brizard, Marie | 1 brizo | 2 brizo -za | Brno | bro