broca

broca

(

  1. s f
    1. Barra en espiral que aplicada a un berbequí, unha máquina de perforar, un torno ou a unha fresa, serve para facer buracos cilíndricos en pezas de aceiro, metais non férreos, madeira, mármore, plástico, vidro e outros materiais. Xeralmente son de aceiro rápido ou, cando a punta de corte é postiza, o corpo está feito de aceiro ao cromo mentres que a pastilla encastada é unha sinterización de carburos metálicos. A broca helicoidal, a máis empregada, consta dun corpo cilíndrico con dúas rañuras helicoidais e dun mango, cónico ou cilíndrico, polo que se fixa á máquina. As brocas para madeira teñen a punta plana e na súa periferia sobresaen dúas unllas con gume de coitelo, diametralmente opostas, e no centro, un apéndice en forma de punta de barrena para iniciar o buraco. A broca plana serve tamén para furar a madeira; ten os mesmos apéndices de corte que a broca helicoidal, pero é de corpo plano. O mango dunha broca para madeira pode ser cilíndrico, para montala dentro dun portabrocas, ou de sección cadrada, para montala nun berbequí. A broca para canóns, empregada para buracos profundos, é cilíndrica e só ten unha rañura lonxitudinal con punta de corte postiza. A broca de centrar está formada por unha parte cilíndrica e unha parte cónica, polo xeral de 60° ou 90°, e emprégase para facer os puntos ou centros das pezas que teñen que ser torneadas entre puntos.

      Sinónimos: barrena.
    2. Ferramenta que leva unha desas barras perpendicular a unha peza de madeira ou de metal que se utiliza para furar.

      Ex: Utilizaron a broca para furar a cadeira.

  2. s f [ANIMAL]

    folada.