barrena

barrena

(

  1. s f

    Ferramenta de ferro ou aceiro empregada para facer ou agrandar buratos. A barrena máis sinxela é a barrena de man que leva a barra perpendicular a unha peza de madeira ou de metal que se utiliza para furar a madeira.

    Ex: Estragóuseme a barrena e non podo facer máis buratos.

    Sinónimos: broca. Confrontacións: barreno, trade.
  2. s f

    Barra de aceiro ou ferro con forma de espiral nun dos extremos empregada para facer buratos nos materiais duros como a madeira, a pedra, o metal ou o ferro.

    Ex: Necesitamos unhas barrenas máis duras para furar a táboa.

    Sinónimos: broca.
  3. s f [AERON]

    Movemento de descenso en espiral que pode adquirir un avión, accidentalmente, cando perde velocidade voando a unha incidencia superior á crítica. Nel ten lugar a autorrotación e o movemento de descenso que, lonxe de atenuarse, se mantén indefinidamente. Na barrena normal a nave forma un ángulo duns 60° co plano horizontal, e o centro de gravidade segue unha espiral duns 2 m de diámetro; na barrena plana o ángulo é duns 30°, e o diámetro de 1 m. OBS: Xeralmente, utilízase na construción caer ou entrar en barrena.