Brocken, espectro de
Brocken, espectro de
[METEOR]
Sombra aparente dun observador situado de pé no cume dunha montaña co Sol detrás del, proxectada como un efecto de difracción sobre unha nube ou banco de néboa e rodeada de círculos de cores. O observador ve tan só a súa sombra e non a dos seus compañeiros. Denomínase tamén anticoroa.