Broken Blossoms
Broken Blossoms
Nome científico:
[Lirios rotos]
[IMAX]
Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1919. Dirixida por David W. Griffith, foi interpretada por Richard Barthelmess, Lillian Gish, Donald Crips e Arthur Howarc. Chen, un chinés emigrado a Londres, acolle a unha rapaza maltratada polo seu pai, quen, sentíndose traicionado, a mata. Chen acabará matando o pai da rapaza e, finalmente, suicidarase. Esta traxedia do mundo moderno tentaba reproducir algúns dos temas criticados polo director; a intolerancia, o racismo, a brutalidade e a maldade conviven nun mundo no que tamén teñen cabida os sentimentos.