bronceador -ra

bronceador -ra

(< broncear)

  1. adx

    Que broncea.

    Ex: Utiliza unha crema bronceadora para conseguir esa cor de pel.

  2. s m [IND]

    Preparado cosmético destinado a mellorar o bronceado da pel por acción do sol e evitar o eritema, ou a imitar con colorantes a cor natural producida por insolación. Os bronceadores protectores, baseados nun axente antisolar, filtran as radiacións solares e reteñen as de lonxitude de onda curta, que é a que produce eritemas. Os bronceadores extemporáneos ou simuladores son solucións de colorantes naturais ou sintéticos que se fixan sobre a pel. Hai bronceadores que son activadores da formación de melanina, pigmento responsable do bronceado da pel.

Palabras veciñas

bronce | Bronce | bronceado -da | bronceador -ra | broncear | broncista | broncita