bronceado -da

bronceado -da

(< broncear)

  1. p reg

    de broncear ou broncearse.

  2. adx

    Que é da cor do bronce, especialmente referido ao ton moreno da pel cando se expón aos raios solares ou artificiais.

    Ex: Escolleron unha cor bronceada para as invitacións. A súa pel bronceada sobresaía de entre toda a brancura.

  3. s m

    Acción e efecto de broncear ou broncearse.

    Ex: Un bo bronceado debe conseguirse de vagariño.

  4. s m

    Ton escuro que adopta a pel cando se expón aos raios solares ou artificiais.

    Ex: Non me gusta nada o seu bronceado porque é moi escuro.

Palabras veciñas

Bromus | bronce | Bronce | bronceado -da | bronceador -ra | broncear | broncista