bronceado -da
bronceado -da
(< broncear)
-
p reg
de broncear ou broncearse.
-
adx
Que é da cor do bronce, especialmente referido ao ton moreno da pel cando se expón aos raios solares ou artificiais.
Ex: Escolleron unha cor bronceada para as invitacións. A súa pel bronceada sobresaía de entre toda a brancura.
-
s
m
Acción e efecto de broncear ou broncearse.
Ex: Un bo bronceado debe conseguirse de vagariño.
-
s
m
Ton escuro que adopta a pel cando se expón aos raios solares ou artificiais.
Ex: Non me gusta nada o seu bronceado porque é moi escuro.