Bromus

Bromus
[PLANTA]

Xénero de herbas da familia das poáceas, de ata 100 cm de altura, espículas comprimidas, longos pedúnculos e glumas desiguais. En Galicia, en beiras de camiño e lugares despexados e secos, son comúns as especies: B. diandrus, B. erectus, B. hordeaceus, B. rigidus e B. sterilis.

Palabras veciñas

Brompton, solución de | bromuco | bromuro | Bromus | bronce | Bronce | bronceado -da