Bronx

Bronx

Barrio de Nova York, EE UU, entre o río Hudson e o East River e Long Island. A súa poboación de 1.356.729 h, presenta unha gran variedade étnica, onde os negros (626.641), hispanos (567.061), brancos (507.144) e asiáticos (46.872) representan as principais comunidades. O barrio está unido a Manhattan e a Brooklyn e Queens por medio de numerosas pontes e túneles subterráneos.