Brooks, Gwendolyn
Brooks, Gwendolyn
Poetisa estadounidense. Deuse a coñecer con A street in Bronzeville (Unha rúa en Bronzeville, 1945), obra na que iniciou a súa temática esencial: a problemática da raza negra nas cidades industriais. Con Annie Allen (1950) gañou o Premio Pulitzer. Tamén escribiu a novela Maud Martha (1953), recreación das tribulacións dunha muller negra dende a infancia ata a madurez combinando poesía e humor.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Topeka, Kansas