Brouwer, Adriaen
Brouwer, Adriaen
Pintor flamengo. Foi discípulo de Frans Hals en Harlem. Cultivou a pintura de xénero e estableceu unha temática estrita de interiores de tabernas e de casas rurais. Preocupouse sobre todo polas masas, a atmosfera, a luz e a cor. Entre as súas obras salientan O fumador e Xogadores de cartas nunha taberna.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Oudenaarde, Flandres -
Deceso
Lugar : Anveres