Brown, Ford Madox

Brown, Ford Madox

Pintor. O coñecemento da obra de Holbein o Novo e o contacto cos pintores nazarenos en Roma influíron decisivamente na formación do seu estilo. Moralista antiburgués e aristocratizante, non esqueceu a realidade do seu tempo, Os derradeiros de Inglaterra (1852-1855), aínda que a súa obra máis coñecida é Xesús lava os pés a Pedro (1852-1856). Deseñou mobles para a firma William Morris e foi un dos precursores do impresionismo polas súas paisaxes de espírito plein-air como Transportando trigo (1854). Decorou tamén o Town Hall de Manchester (1878-1893).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Calais, Francia

  • Deceso

    Lugar : Londres