Brown, John
Brown, John
Líder abolicionista norteamericano. Animado por un forte espírito relixioso, consagrouse á loita contra a escravitude, especialmente dende 1849, cando se estableceu nunha colonia de negros en North Elba (Nova York). Coa intención de fundar nos Apalaches un estado para os escravos liberados, apoderouse do arsenal de Harper’s Ferry (Virginia), de onde foi expulsado polas tropas do coronel Robert E. Lee. Aprisionado e xulgado como traidor, foi axustizado. Converteuse nunha figura lendaria, de feito, o himno á liberdade John Brown’s body compúxose na súa honra.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Torrington, Connecticut -
Deceso
Lugar : Charleston, Virginia