Brown, Michael Stuart
Brown, Michael Stuart
Médico. Estudiou na Universidade de Pennsylvania, traballou no Massachusetts General Hospital de Boston e no National Institutes of Health, e exerceu de profesor adxunto na Universidade de Texas, en Dallas, entre 1971 e 1974, na que acadou o posto de profesor de xenética e director do Centro de Enfermidades Xenéticas (1977). No ano 1973, Brown e o seu amigo Joseph L. Goldstein, con quen compartiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1985, describiron os receptores de lipoproteínas de baixa densidade (receptores LDL), situados na membrana celular. Froito do traballo conxunto foi a determinación do ciclo completo do colesterol no sangue e dos mecanismos xenéticos e bioquímicos da hipercolesterolemia esencial familiar.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nova York