Brown, Robert

Brown, Robert

Botánico escocés. Foi presidente da Sociedade Linneana e conservador do British Museum. Como resultado da expedición científica ao continente austral (1801-1805) describiu preto de 4.000 especies de plantas que serviron, naquel momento, de base documental para demostrar a validez do sistema binomial de Linné. Tamén evidenciou a división entre plantas ximnospermas e anxiospermas e a importancia da estrutura do pole na clasificación taxonómica. Descubriu nas células vexetais a existencia dun espazo interno, delimitado por unha membrana distinta da celular, que denominou núcleo. Observando ao microscopio unha suspensión de pole, describiu en 1828 o movemento ao azar que este adquiría. Este tipo de movemento, que resultou ser propio de todos os coloides, obtivo a explicación teórica grazas a Albert Einstein en 1905 e recibiu a denominación de movemento browniano.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Montrose, Angus

  • Deceso

    Lugar : Londres