Brown, Trisha

Brown, Trisha

Bailarina e coreógrafa. Estudiou danza no Mills College de Oakland (1958). No 1960 comezou a traballar co coreógrafo Yvonne Rainer con quen fundou o Judson Dance Theater (1962). En 1970 formou a súa propia compañía, a Trisha Brown Dance Company. Influenciada polo estilo vangardista de Merce Cunningham, ideou un sistema, equipment pieces, para que os bailaríns puidesen andar sobre unha parede. Entre as súas coreografías salientan: Lerning duets and falling duets (1968-1970), Her roof piece (1973), Spiral (1974), Glacial decoy (1978), Set and reset (1983) e If you couldn’t see me (1994).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Washington