Brücke, Die

Brücke, Die
Nome científico: [A ponte]

Grupo de expresionistas alemáns. Constituído en Dresden en 1905, formaron parte del Ernst Ludwing Kirchner, o seu principal promotor, Fritz Bleyl, Erich Heckel e Karl Schmidt-Rottluff. Todos estudiaban na Escola Técnica de Dresden. O nome, elixido por Schmidt-Rottluff, amosaba a idea que tiñan se servir de ponte para o futuro. En 1906 adheríronse Emil Nolde, que abandonou axiña o grupo, e Max Pechstein, en 1907, o holandés Lees van Dongen e, en 1910, Otto Müller. Inicialmente, reaccionaron contra o realismo e o impresionismo, evitando o decorativismo e a sensibilidade do gozo para enfrontarse coa natureza desde un ángulo crítico que proxectaba, mesturando a deformación expresiva, a reacción dramático-subxectiva do artista. Cultivaron a paisaxe, o retrato e o figurativismo e renovaron as artes gráficas. En 1911 o grupo trasladouse a Berlín e disolveuse en 1913. Entre tanto, en 1911 formárase Der Blaue Reiter, a segunda manifestación expresionista.