brucina
brucina
Nome científico:
[C<sub> 23</sub> H<sub> 26</sub> N<sub> 2</sub> O<sub> 4</sub> ]
s
f
[QUÍM]
Alcaloide extraído da noz vómica. Preséntase como dihidrato ou tetrahidrato en forma de pos amargos, cristalizados en pequenas agullas. Emprégase como desnaturalizante de alcohois e aceites, e en forma de hidrocloruro ou de nitrato en medicina, coas mesmas indicacións ca a estricnina, aínda que parece que se lle descubriron claras propiedades carcinóxenas. En análise química ten utilidade para separar mesturas racémicas.