Brueghel Bruegel
Brueghel Bruegel
[Bruxelas 1568 - Anveres 1625) Pintor. Segundo fillo de Pieter Brueghel o Vello. Recibiu o sobrenome de Velours polo seu amor ao veludo, a súa cor delicada e o seu sentido do luxo. Residiu en Milán durante algún tempo, onde foi protexido polo cardeal Federico Borromini. En 1597 estableceuse en Anveres. Foi elixido decano do gremio de pintores en 1602 e, en 1610, foi nomeado pintor de cámara do arquiduque Alberto. Pintor de flores, sobresaen a serie dos Cinco Sentidos (1617) e Flores sobre a mesa. Colaborou con Rubens entre 1615 e 1618. Influíu sobre os seus fillos Jan II o Novo (1601-1678) e Ambrosius (1617-1675).