Bruja, La

Bruja, La

Publicación en castelán de carácter satírico aparecida en Ourense o 30.6.1901. Foi subtitulada como “Número provisional”. Os seus colaboradores asinaban con pseudónimos como C. Vichy ou Adolfo. Editouse na imprenta La Editorial. De periodicidade semanal nun principio, pasou a ser irregular nalgún dos seus números. Puido existir unha primeira época correspondente ao ano 1897 ou 1898 na mesma cidade. Incluía poemas e textos irónicos, de crítica e censura.