brutalidade

brutalidade

(

  1. s f

    Calidade de bruto.

    Ex: A brutalidade das guerras fai que as rexeite.

    Confrontacións: atrocidade, crueza.
  2. s f

    Acción brutal ou falta de prudencia ou medida.

    Ex: É unha brutalidade acelerar tanto nas curvas.

  3. s f

    Acción ou dito desagradable ou ofensivo.

    Ex: O director da escola só dicía brutalidades e non escoitaba os alumnos.

    Confrontacións: grosería, insolencia.

Palabras veciñas

brut* | Brutails, Jean Auguste | brutal | brutalidade | brutalismo | brután -na | brutio -tia