brutalismo
brutalismo
s
m
[ARQUIT]
Corrente arquitectónica iniciada polos arquitectos ingleses Alison e Peter Smithson, creadores da escola Hunstanton, construída con ladrillos e aceiro, en Norfolk (1954). Na década dos cincuenta os arquitectos vangardistas do racionalismo deixaron sen revestir os materiais e as conducións exteriores; cultivaron tamén un severo formalismo que ofreceu un aspecto funcional axiña internacionalizado e relacionado co informalismo pitórico.