Brutus, Dennis Vincent

Brutus, Dennis Vincent

Poeta zimbabwés en lingua inglesa. A súa primeira escolla de poemas, Sirens, Knuckles, Boot (1963), apareceu cando cumpría prisión por oposición ao apartheid. Tamén no cárcere escribiu Letters to Martha (Cartas a Marta, 1968), e máis tarde publicou Stubborn Hope (Ilusión tenaz, 1978) e Salutes and Censures (Saúdos e censuras, 1980).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Salisbury