Búa Carou, Xosé
Búa Carou, Xosé
Médico militar e político. Formou parte da Deputación Provincial da Coruña durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera, ocupándose de asuntos de Beneficencia. Foi dirixente do Partido Radical-Socialista Independiente, polo que se presentou nas eleccións xerais de 1933. Pertenceu posteriormente a Izquierda Republicana e foi presidente da Xunta Municipal da Coruña. Presidiu a sección coruñesa da Liga de los Derechos del Hombre e foi membro da Agrupación a la III República, do Casino Republicano coruñés e do Centro de Estudios Sociales Germinal.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : A Coruña