Bucaramanga

Bucaramanga

Capital do departamento de Santander, Colombia, nos contrafortes da Sierra Oriental (508.240 h [1997]). É unha das principais cidades do país, de economía baseada no comercio e na industria, e que está situada á beira de importantes vías de comunicación (autoestradas e ferrocarrís). Posúe aeoporto. É tamén un centro de ensino superior, sede da Universidad Industrial de Santander, fundada en 1947, e da Corporación Universitaria Autónoma de Bucaramanga, fundada en 1955. Miguel de Trujillo e Andrés Páez de Sotomayor fundaron a cidade no 1622.