bucentauro

bucentauro
  1. s m [MIT/HERÁLD]

    Monstro fabuloso, coa cabeza e peito de home e co corpo de touro.

  2. s m [HIST]

    Nome co que se coñecía, xa en 1252, o barco da República de Venecia utilizado en actos solemnes, sobre todo na cerimonia do casamento do duque co mar o día da Ascensión. No 1798 os franceses destruíron o derradeiro.

Palabras veciñas

Buceiro | bucela | bucelario | bucentauro | Bucero, Martin | bucerótido -da | buceta