buceta

buceta
s f [MAR]

Embarcación tradicional da pesca artesanal galega semellante ao bote de Fisterra, ao que substituíu nas primeiras décadas do s XX. A eslora é de aproximadamente 6 m e dispón dun ancho de casco uniforme. A proa e a popa son simétricas e pode empregarse, indistintamente, con remos ou velas de relinga.