Bücher, Karl
Bücher, Karl
Economista e historiador alemán. Membro destacado da nova escola histórica alemana. Estudiou a evolución da poboación de Frankfurt nos ss XIV e XV e outros temas de historia medieval. Seguindo a Johann Karl Rodbertus, configurou tres fases da historia económica: o período do ο → κος ‘casa, vivenda’, a economía das cidades medievais e a economía moderna, que lle serviron para criticar a pretensión da teoría económica clásica. Afirmaba que o tratamento xenético dos fenómenos debe completarse cunha análise teórica dos seus resultados. Escribiu Die Entsehung der Volkswirtschaft (O nacemento da economía política, 1893) e Beitrage zur Wirtschafts Geschichte (Contribución á historia económica, 1922).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Kirdorf, Renania -
Deceso
Lugar : Leipzig, Saxonia