Budé, Guillaume
Budé, Guillaume
Humanista. Coñecido tamén polo nome latinizado de Budaeus. Estudiou leis e apaixonouse polo helenismo. Foi secretario real, bibliotecario de Francisco I e embaixador durante o pontificado de León X. A instancias do rei, fundou o Collège des Lecteurs, base do futuro Collège de France. Atacou a corrupción eclesiástica. As súas obras máis importantes están escritas en latín: Annotationes in XXIV Pandectarum libros (Anotacións aos vinte e catro libros das Pandectas, 1508), De asse et partibus eius (Sobre a unidade e as súas partes, 1515), Comentarii linguae graecae (Comentarios da lingua grega, 1529) e De philologia (Sobre filoloxía, 1530). En francés escribiu Apotegmes (Apotegmas), dirixidos a Francisco I.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : París -
Deceso