Budo

Budo

Publicación de carácter deportivo editada polo Centro Budo-Vigo e aparecida en febreiro de 1988. A medida que foron saíndo algúns números foi modificando a súa estrutura de xornal para adaptarse ao formato dunha revista. Os contidos comprendían dende información sobre artes marciais, musculación, atletismo ou ciclismo ata medicina deportiva. Colaboraban nela, Santiago Durán, os doutores Federico Toral e Javier March, Roberto Gil e Pury Araujo.