Bueckelaer, Joachim
Bueckelaer, Joachim
Pintor flamengo. Discípulo de Pieter Aertsen. A súa pintura caracterízase por unha temática de mercados, de feiras e de naturezas mortas, de gran vivacidade cromática. Entre as súas obras destacan Cristo en casa de Marta e María (1565), Cociña (1566), Kermesse e Mercado do peixe (1570).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Anveres, Brabante -
Deceso