Buenaventura, Enrique
Autor e director teatral colombiano. Establecido en Cali, creou en 1955 unha escola de formación teatral que en 1970 se converteu no Teatro Experimental de Cali, denominación que explicita todo un ideario teatral centrado na investigación permanente e na relación entre realización teatral e contexto sociocultural e político. En plena sintonía cos traballos desenvolvidos por Paulo Freire e Augusto Boal no Brasil, polo colectivo La Canadelaria en Venezuela ou polo Teatro Campesino de California, Buenaventura e os seus colaboradores conformaron unha liña de produción orientada a mobilizar e aguilloar a conciencia crítica do actor e do espectador, baseada en procesos de creación colectiva, que explicaría polo miúdo nun traballo publicado en 1980 na revista Primer Acto. Entre as súas obras máis sobranceiras, cómpre subliñar A la diestra de Dios Padre (1960), Réquiem por el padre Las Casas (1963), La denuncia (1977), Historia de una bala de plata (1980) e La orgía, representada por diversos colectivos do teatro independente español; entre eles, por La Picota, compañía formada a mediados dos anos setenta por Xulio Lago e Dorotea Bárcena, en Madrid.
Cronoloxía
-
Nacemento