1 bufo

1 bufo

(

  1. s m

    Acción e efecto de expulsar o aire polo nariz tanto os animais como as persoas facendo ruído.

    Ex: O touro deu un bufo e arremeteu contra o rapaz.

    Sinónimos: bufido.
  2. s m

    Peido sen ruído.

    Ex: Botou un bufo no medio da xente que o fixo avergonzar.

  3. bufo de vella [FUNGO]

    Nome que reciben os cogomelos do xénero Lycoperdon. Están constituídos por unha frutificación de forma piriforme, que cando madurece deixa saír a través dun poro apical as esporas pulverulentas que se poden empregar como pos de talco.

Palabras veciñas

bufiñada | bufiñar | bufiñón -na | 1 bufo | 2 bufo | 3 bufo | Bufo