Bufo

Bufo
[ANIMAL]

Xénero de anfibios anuros da familia dos bufónidos, que abrangue unhas 200 especies. Caracterízanse por ser sapos grosos, de pupila horizontal, glándulas paratoideas prominentes e pel verrugosa, e por carecer de dentes. As larvas son de pequeno tamaño, co espiráculo respiratorio no costado esquerdo. Están menos asociados a ambientes húmidos ca o resto dos anuros; mesmo poden chegar a ocupar medios semidesérticos. En Galicia este xénero está representado polo sapo común e o sapo corriqueiro.

Palabras veciñas

1 bufo | 2 bufo | 3 bufo | Bufo | 4 bufo -fa | bufón -na | bufón d’El Rei, O