bufón -na
(< ital buffone < italbuffo)
-
s
m
[HIST]
Individuo, xeralmente con algunha deformación física que, nas prazas e sobre todo nas cortes dos nobres ou dos reis, exercía funcións de cómico e utilizaba a súa deformidade para excitar a hilaridade do público. Había bufóns nas antigas cortes persa e exipcia, entre os gregos e os romanos e, durante a Idade Media, foron moi populares. Na corte francesa de Luís XII e de Francisco I, e na hispánica dos Austrias tiveron un papel moi destacado; desapareceron no s XVIII das cortes europeas. Algúns deles foron personaxes dunha certa influencia e cultura e merecerían a atención de escritores que o retrataron coma un personaxe a medio camiño entre o histórico, o literario e o mítico, que transita entre a tolemia e a cordura, entre a sinceridade e a hipocrisía e sempre disposto a mostrar a realidade que agocha a outra cara da moeda. Como trazos singulares no seu comportamento habería que destacar a ironía, a xestualidade, a provocación e a desmesura. O seu contrapunto acostuma ser o rei pero tamén pode atopalo noutros habitantes do pazo real. A súa presenza na literatura dramática é constante e adquire singularidade no King Lear (O Rei Lear) de Shakespeare. En Galicia, este personaxe, que suscita odio e compaixón, amais de ser o protagonista do coñecido drama de Vicente Risco O bufón d’El Rei, foi o elemento central do espectáculo que Ollomoltranvía presentou en 1996 baixo o título de Escola de Bufóns, con dirección de Fabio Mangolini e a partir dun texto homónimo de Michel de Ghelderode.
Confrontacións: arlequín. -
s
Persoa que realiza actos ou profire palabras para provocar risa.
Ex: A rapaza foi a bufona da festa e todos riron cos seus actos. Sempre fai o bufón cando nos poñemos a falar de temas humanitarios.