Bufo
Bufo
[ANIMAL]
Xénero de anfibios anuros da familia dos bufónidos, que abrangue unhas 200 especies. Caracterízanse por ser sapos grosos, de pupila horizontal, glándulas paratoideas prominentes e pel verrugosa, e por carecer de dentes. As larvas son de pequeno tamaño, co espiráculo respiratorio no costado esquerdo. Están menos asociados a ambientes húmidos ca o resto dos anuros; mesmo poden chegar a ocupar medios semidesérticos. En Galicia este xénero está representado polo sapo común e o sapo corriqueiro.