Bugatti
Bugatti
Marca de automóbiles de competición e de luxo fabricados nos obradoiros Bugatti de Molsheim (Alsacia) dende 1910 ata 1952. Foron moi valorados pola súa mecánica e estética; entre os modelos máis característicos están o 41-Royale (1927), un dos automóbiles máis potentes e luxosos do seu tempo, e o Bugatti 59 (1933).