Buguina
Buguina
Publicación aparecida entre os meses de novembro e decembro de 1997 en Vigo. Foi subtitulada como “Boletín bimestral do programa Urban do Concello de Vigo”. Escrita completamente en lingua galega, contén numerosos artigos dedicados á arquitectura da cidade olívica; entre eles, “O que lembramos do Vigo histórico” de F. Fernández del Riego, “Vigo: Notas de arqueoloxía urbana” de Ángel Acuña, “O Instituto Camões”, de Anabela Cardoso, “O Berbés dos anos vinte”, de Aubrey F. G. Bell, “Un Vigo maldito” de Méndez Ferrín, “A Historia dos lastros” de X. Ramón Iglesias Veiga e “Ó redor da oliveira” de Ernesto Montiel.