Bujold, Geneviève

Bujold, Geneviève

Actriz cinematográfica. Obtivo o recoñecemento do público pola súa participación en La guerre est finie (A guerra rematou, 1965). Foi nominada ao Oscar como Mellor Actriz por Anne of a thousand days (Ana dos mil días, 1969), filme co que conseguiu un Globo de Ouro. Exiliouse en Europa tras romper un acordo coa Universal. Interpretou, entre outros filmes, Earthquake (Terremoto, 1974), Choose me (Escólleme, 1983) e The adventures of Pinocchio (As aventuras de Pinocho, 1996).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Montreal