Bukharin, Nikolaj Ivanovič

Bukharin, Nikolaj Ivanovič

Político, economista e teórico marxista. Membro do partido bolxevique dende 1906, exiliouse en 1910 ata que en 1912, entrou en contacto con Lenin. En 1916 dirixiu en Nova York o diario bolxevique clandestino Novy Mir (Novo Mundo). Volveu a Rusia trala Revolución de febreiro de 1917 e participou activamente na Revolución de outubro (7.11.1917). Dende o ano 1920 publicou varias obras nas que defendía a necesidade obxectiva do comunismo de guerra e formulaba a diferenza entre o modo de produción socialista e o modo de produción do período de transición ao socialismo. Apoiou as posicións de Trotskij e Jevgenij Preobraženskij ata mediados dos anos vinte, pero no 1924 enfrontouse a esté último e sostivo a tese dunha necesaria correspondencia entre a industria e a agricultura defendendo as realizacións da Nova Política Económica (NEP). Malia que en 1924 iniciou un proceso de moderación nas súas actitudes, foi elixido presidente do Kommintern en 1926. Caeu en desgraza en 1928 e, destituído dos cargos do partido, pasou a ocupar diversos postos subalternos ata que foi condenado a morte e executado en 1938. Escribiu Bukvr’Kommunizma (ABC do comunismo, 1919), Teorija istoričeskogo materializma (Teoría do materialismo histórico, 1921), Imperializm i nakoplenie Kapitale (Imperialismo e acumulación de capital, 1925) e Političeskaja ekonomija rantje (Economía política do rendista, 1926).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Moscova

  • Deceso