1 bula
(
-
s
f
[HIST]
Medallón de ouro ou dourado que levaban os fillos das familias nobres romanas ata os 17 anos de idade, momento no que vestían a toga.
-
s
f
-
Selo pontificio que, impreso en chumbo, leva por un lado o nome do Papa e polo outro a representación das cabezas de san Pedro e san Paulo.
-
Peza de chumbo ou de ouro, plana e gravada, que se penduraba como selo das misivas oficiais e doutros documentos.
-
-
[RELIX]
-
s
f
Documento pontificio relativo á materia de fe ou de interese xeral, expedido pola chancelería apostólica con carácter executivo; acompañado do selo papal estampado en tinta vermella, estaba encabezado polo nome do Papa vixente e rematado co ano do pontificado. O nome de cada bula procede do incipit ou primeiras palabras do texto. En 1973 o Papa Paulo VI realizou unha reforma na que autorizaba a expedición de bulas á secretaría de estado e suprimía os organismos que anteriormente as promulgaban: a chancelería e a dataría apostólica.
Ex: O Papa Clemente VII proclamou a bula que orixinou a Universidade de Santiago de Compostela.
Confrontacións: breve, dispensa. -
bula áurea
Bula asinada cun selo dourado en documentos papais de grande importancia.
-
bula conciliar
Bula que subscriben os papas e os padres conciliares.
-
bula consistorial
Bula que expide a congregación consistorial.
-
bula da santa cruzada
Bula outorgada polos papas dende o s XI que concedía indulxencias, privilexios e gracias a aqueles que loitaron na Península Ibérica contra os musulmáns ou que contribuían a sufragala. A primeira das bulas outorgadas, promulgada polo Papa Alexandre II (1061-1073), converteu a loita (denominada pola historiografía tradicional Reconquista) nunha cruzada ou guerra santa. Posteriormente concederon outras Gregorio VII (1073) e Urbano II (1089). En 1482 promulgouse unha bula para sufragar os gastos dos voluntarios chegados de Francia e doutros países no derradeiro período da Reconquista. Os seus beneficios outorgábanse por un certo tempo, nun principio pola duración dunha campaña (bula de Inocencio III, que finalizou coa Batalla de las Navas de Tolosa en 1212); máis adiante adquiriron carácter permanente e renovábanse por un período determinado de anos. Os ingresos que proporcionaban as bulas cedíanse aos monarcas para afrontar os gastos das guerras; despois, polo Concordato de 1851, o comisario da Cruzada, o arcebispo de Toledo, administrábaas para pagar as obras benéficas da igrexa. En 1966 Paulo VI, pola constitución apostólica Paenitemini, aboliu os privilexios particulares.
-
bula de carne
Bula que dispensaba de facer vixilia.
-
bula de composición
Bula outorgada polo comisario xeral da Cruzada aos posuídores de bens alleos cando non consta o propietario dos mesmos.
-
bula de defuntos
Bula que se tomaba para aplicar a un defunto as indulxencias marcadas na mesma.
-
bula de lacticinios
Bula que permitía aos eclesiásticos o uso de lacticinios cando estaban vedados.
-
bula de ouro
Selo deste metal usado nos documentos máis solemnes dos reis ou dos papas.
-
bula in Coena Domini ou Litterae Processus
Bula promulgada polo papa os días de xoves santo na que anulaba penas de excomuñón contra determinados delitos. A súa orixe é a bula Apostolatus officium, outorgada por Urbano V en 1363. Os monarcas consideraron que os dereitos fiscais do estado e as regalías da coroa estaban prexudicados por estas bulas e prohibiron a súa publicación dende os tempos de Carlos V. Difundidas xunto ás Constitucións Sinodais das dioceses, foron anuladas por Clemente XIV en 1770.
-
bula intermedia ou media [lat: alba ou dimidie]
Bula outorgada polo papa electo pero aínda non coroado, soamente leva as imaxes dos apóstolos.
-
bulas alexandrinas
Conxunto de catro documentos outorgados polo Papa Alexandre VI aos Reis Católicos en 1493. A finalidade destas bulas era lexitimar a conquista das novas terras descubertas no continente americano. O motivo de conceder estes privilexios atópase nas disputas entre Castela e Portugal polo dominio destas terras. O reino de Portugal iniciara a súa expansión polo Atlántico trala concesión das bulas Romanus Pontifex (1455) e Inter Caetera (1456). Seguindo a iniciativa portuguesa, os Reis Católicos solicitaron do papa unhas prerrogativas semellantes. Son catro documentos outorgados en maio e setembro de 1493. A primeira bula, a Inter Caetera I, promulgada o 3 de maio de 1493, outorgaba ao monarca castelán o dominio sobre as terras descubertas e por descubrir na ruta do océano cara ao O, así como os privilexios espirituais de adoutrinar os habitantes desas terras na fe católica. Ese mesmo día promulgouse tamén a bula Eximiae Devotionis que recollía os privilexios espirituais mencionados na anterior bula e que eran semellantes aos outorgados aos portugueses. O 4 de maio de 1493 expediuse a bula Inter Caetera II, denominada bula de partición ou doazón-demarcación. Ademais de manter as doazóns anteriores, estableceu os límites de expansión entre as dúas coroas: unha imaxinaria raia trazada de N a S polo meridiano que pasaba a 100 leguas das illas de Cabo Verde, delimitaba as terras que pertencerían a Castela, as situadas ao O da liña, e a Portugal, as situadas ao L da liña. A diferenza dos documentos anteriores, retraeu os dereitos casteláns sobre estas terras ao nadal de 1492 e non ao 3 de maio de 1493. En 1494 o Tratado de Tordesillas entre estes dous estados ratificou esta bula. O 26 de setembro de 1493 Alexandre IV promulgou a derradeira bula, a Dudum Siquidem, denominada tamén de extensión e ampliación da Inter Caetera II. Trataba de explicar os dereitos de Castela e Portugal na India asiática. O papa permitiu a Castela conquistar a India asiática sempre que navegase pola ruta de Occidente e non chegasen antes os portugueses que podían facer o mesmo pero navegando cara ao L. A publicación e o outorgamento destas bulas deu orixe a controversias de signo político sobre a lexitimidade da conquista coñecidas polo nome de Xustos Títulos.
-
bulas da Universidade de Santiago de Compostela
Conxunto de bulas que deron lugar ao nacemento da universidade compostelá a partir da creación dun estudo xeral. En 1504 o Papa Xulio II outorgou a bula Sane pro parte que, ante a petición de Diego de Muros, bispo de Canarias, e Diego de Muros, deán de Santiago de Compostela, de constituír un Estudio Xeral, confirmou a fundación do Estudio Vello que ambos estableceran xunto a Lope Gómez de Marzoa. No documento concedíase a facultade para crear novas cátedras, como a de Cánones, outorgábase aos graduados composteláns os mesmos privilexios que gozaban as cátedras de Dereito e Artes noutros estudios e universidades, e sometía o estudo á xurisdición do deán compostelán. En 1506 Xulio II concedeu unha segunda bula pola que outorgou ao deán a facultade de designar o prebendado que outorgaría a docencia de dereito canónico. O 15 de marzo de 1525 o Papa Clemente VII proclamou a bula pola que nacía a universidade compostelá. A bula confirmou a petición de Alonso de Fonseca, arcebispo de Toledo, de crear un colexio baixo a advocación de Santiago Alfeo onde se estudiase Teoloxía, Dereito Civil e Canónico e as artes liberais. Pediu tamén que o Estudio de Lope Gómez de Marzoa e as súas rendas se incluísen no novo centro. Ademais da concesión destas peticións, a bula outorgaba ao arcebispo a facultade de ditar as constitucións do novo centro, concedía os privilexios que gozaban outras universidades de España e a emisión dos graos universitarios en Dereito Canónico e Civil, Filosofía e Teoloxía se houbese no colexio doutores que examinasen os estudiantes. Posteriormente, en 1566, o Papa Pío V promulgou unha nova bula que ampliou aos non colexiais a facultade de recibir graos e engadiu os estudios de Medicina cos mesmos privilexios cós mencionados na anterior bula.
-
s
f
-
Misiva ou outro documento provisto deste selo.
Frases feitas
-
Haber bula para defuntos. Ter remedio para todo
-
. Ter bula para todo. Poder realizar actos que non lle están permitidos aos demais.