Bule-Bule
Bule-Bule
[PUBLIC]
Revista infantil galega publicada en Cangas do Morrazo en abril de 1982. Foi editada pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega. O seu número 0 foi en realidade un suplemento da revista O Ensino (nº 4), con oito páxinas, catro delas a cores. Contiña cómics, pasatempos e xogos. Os números posteriores da revista editáronse como suplemento do xornal A Nosa Terra, cun contido semellante pero sen periodicidade fixa. Colaboraron nela: Xaquín Marín, Rafael Xuncal, Mercedes Abilleira, Gladis Santomé, Cristina Magdalena e Xosé Luís Núñez, entre outros.