Bulganin, Nikolaj Aleksandrovič

Bulganin, Nikolaj Aleksandrovič

Político soviético. Membro do partido comunista dende 1917, foi presidente do soviet urbano de Moscova de 1931 a 1937. En 1937 converteuse en primeiro ministro da República rusa, cargo que ocupou ata o 1939, cando chegou á presidencia do Banco Estatal Soviético e formou parte do comité central do partido. Durante a Segunda Guerra Mundial foi comisario político do exército, acadando en 1947 os cargos de ministro das forzas armadas e mariscal da URSS. Membro do politburó do partido dende 1948, á morte de Stalin (1953) chegou a ser vicepresidente do consello de ministros e, en 1955, presidente, en substitución de Malenkov. Ao ser nomeado Khruščov primeiro secretario do partido, foi separado do seu cargo en 1958 e viuse obrigado a dimitir dos cargos que ostentaba no praesidium do partido. No 1961 abandonou o comité central e retirouse de toda actividade política.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nižnij Novgorod, actual Gor’kij

  • Deceso

    Lugar : Moscova