Bulgaria

Bulgaria
[FUNGO]

Xénero de fungos da familia das helotiáceas caracterizado por presentar cogomelos xelatinosos en forma de cunca, de ata 4 cm de diámetro, de cor castaña e co himenio de cor negra brillante. En Galicia está presente, sobre madeira morta de árbores caducifolias, a especie B. inquinans.